O proxecto que se desenvolve nesta web parte da lectura da novela de Andrea Maceiras, Volverás golfiño.
Destinatarios
Alumnado de primeiro da ESO do IES Rafael Puga Ramón, A Coruña.
Contidos
- A lectura da novela galega Volverás golfiño.
- A comprensión de textos literarios galegos.
- O léxico da paisaxe da costa galega.
- O valor paisaxístico dos espazos naturais galegos.
- O debuxo da natureza e da paisaxe a través da xeometría.
- A historia do mar galego: orixe do termo "Costa da morte" e os naufraxios.
- Os faros da costa da Coruña.
- As noticias.
- A descrición
- A narración.
- A dinamización do noso patrimonio material e inmaterial.
- O deporte no medio natural
Metodoloxía.
O alumnado da ESO, despois de traballar na aula os textos das noticias, os textos descritivos e narrativos, comeza un traballo de pesquisa para coñecer cales son os espazos naturais protexidos en Galicia.
Despois disto, deberán escoller unha das zonas que coñeceron coa pesquisa para elaborar un mural ( cortolina ou gloster) ou folleto turístico que lle servirá para facer unha exposición oral na aula.
Feita esta parte, a rapazada comeza a lectura na aula da novela de Volverás golfiño, onde se deixan ver xa no capítulo un os elementos fundamentais da trama. Axudámonos do google map para presentar o espazo protagonista da novela: Faro de cabo Viñán.
A docente, fomenta a intriga entre o alumnado para que durante a lectura estea atento e repare nos espazos naturais e nos barcos que protagonizan o tema da morte que se adianta desde as primeiras liñas.
Despois da lectura, traballarán os contidos a partir desta web e coa guía sempre do profesorado de Lingua Galega, Educación Plástica e Visual, Ciencias Naturais e Educación Física.
Finalmente, fomentando o espírito responsable e lúdico. Preséntase a acticidade da saída didáctica para coñecer a zona. Chámase a atención sobre a idea de que serán os propios nenos/as que están participando nas actividades de investigación os guias dos demais compañeiros/as. Outros serán reporteiros e tirarán fotos e vídeos para redactar a noticia que fale da súa actividade.
A filosofía do proxecto busca conectar os contidos das tres materias implicadas no proxecto partindo da lectura dunha novela en galego, usando as tics e os retos para buscar e procesar información e rematando cunha actividade de deporte e orientación na Ruta dos Faros, dentro do Concello de Camariñas, e no tramo que vai de Cabo Vilán ao Monte branco.
Ningún comentario:
Publicar un comentario