Como coordinadora deste pequeniño proxecto teño que agradecer a colaboración do meu alumnado e d@s compañeir@s de Debuxo, Ciencias e Galego porque me sentín moi contenta e cómoda traballando xuntos.
Aínda que o punto de partida foi a lectura da novela de Andrea Maceiras, os golfiños mergulláronse en augas de distintos mares e descubriron que traballando en grupo, colaborando e poñendo ilusión podemos facer cousas divertidas sen deixar de aprender.
Foi marabilloso descubrir o gusto do alumnado por ler e interpretar os textos in situ.
Aquí vos deixo o mapa e as fotiños da nosa visita á Costa da Morte.
Lectura dos golfiños dun capítulo da novela no Cemiterio dos Ingleses
Vídeo explicativo dos guías do concello da Coruña
Ningún comentario:
Publicar un comentario