CÓMIC

Imos facer un resumo da novela a través do cómic. Así avaliamos este contido que estivemos traballando na aula. 

 Entre todos acordamos que as viñeta van ser as seguintes:

  1. Viñeta dobre na que se vexa a partida de Iris da Coruña, coa súa familia, e chegada a Camariñas.
  2. Iris atopa o baúl no faiado do avó.
  3. Iris no cuarto do avó abre o armario e descobre a chave do baúl.
  4. Viñeta dobre: A) Iris entra no baúl e case afoga. B) Bici deitada no areal do trece e rapaza qeuitando da auga a Thomas.
  5. Visita á igrexa de Camelle. Alí coñece a Andrés.
  6. Viñeta dobre: A)Thomas e Iris na Praia do Trece recordan o naufraxio. B)Thomas tapando os oídos ao Iris nomear o barco, xa que recorda o son das campás como se o estiveran deixando xordo.
  7. Andrés e Iris están vendo a campá e atopan dentro a Thomas.
  8. Iris fala co pescador, Antón, da historia do cemiterio dos ingleses.
  9. Viñeta drobre: A) Os dous amigos atopan a Tobías no cemiterio dos ingleses. B) Iris despídese deles no faro de Cabo Vilán.
  10. E despois de moitos anos… Volveu o meu golfiño. Iris na praia do Trece, tende a man para tocar ao golfiño, Thomas e unirse a el para sempre.
AXUDA PARA FACERDES O VOSO CÓMIC:

Banda Deseñada Galega

bitstripsforschools

Explicación de Xano Cebreiro. Obrigada!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario